Melloras no barrio do Burgo na praza de Pasarón e proxectos na Santiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O concelleiro delegado do barrio do Burgo, Luís Bará mantén esta tarde unha reunión con veciños do barrio para explicar os traballos de mellora e conservación que o Concello está a realizar na praza de Pasarón e manterá un encontro con residentes na Santiña para escoitar as dos veciños.

Na praza de Pasarón o Concello está acometendo labores de conservación e mantemento en toda a praza. Conservación de pavimentos,
substitución e mellora do mobiliario (bancos, papeleiras…), mellora do valado exterior da fonte, ou traballos de conservaicón do céspedo son algunhas das melloras que se están a realizar.

Dende a Concellaría tamén se lle está tratando de buscar unha solución á auga da fonte da praza que non ten desagüe á rede. Mentres,
fíxose un recambio da auga. E está previsto realizar arranxos na zona do parque infantil.

Ademais, escoitará as propostas dos veciños ao igual que na Santiña, onde o concelleiro xa estuda a mellora da sinalización viaria e a posible pavimentación da rúa.

2 de xullo de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.