Medio centenar de nenos iniciarán o programa “Conciliamos xogando”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Preto de medio centenar de nenos e nenas formalizaron a súa inscripción no programa municipal “Conciliamos xogando”, un servizo de atención á infancia para permitir que os pais e nais da localidade compatibilicen a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares. Deste xeito, o programa comezará este luns, 8 de xullo, con todas as súas prazas cubertas. E, inicialmente, as actividades prolongaránse ata o día 31. O escenario principal será o colexio público San Isidro e, complementariamente, utilizaránse as instalacións da piscina municipal.

Trátase dun servizo gratuíto, con custe cero para os usuarios, e está pensado para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Organizado pola Concellería de Igualdade, o programa “Conciliamos xogando” está co-financiado polo Concello de Neda e a Deputación Provincial da Coruña. Ofrece aos nenos e nenas unha oferta de actividades de ocio didáctico e, entre estas, xogos ao aire libre, talleres de manualidades, inglés, de disfraces ou sesións de piscina.

4 de xullo de 2013 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.