Marín acolle o III Torneo Virgen del Carmen de Fútbol Sala do 11 ao 13 de xullo
O Concello de Marín, xunto coa Deputación de Pontevedra e baixo a organización do clube de fútbol sala Ancora D´Ouro e a marca empresarial dibay eventos acolle o “III Torneo Virgen Del Carmen de fútbol- sala”, que terá lugar os días 11,12 e 13 de xullo no Pavillón da Raña.
No torneo participarán un total de nove equipos de categorías benxamín, alevín e infantil en horarios de mañá e tarde.
A deste ano será a terceira edición dun torneo que aposta forte polo deporte base e que atrae un gran número de rapaces procedentes de diferentes zonas da xeografía pontevedresa e que ano tras ano se vai facendo cun nome propio entre os torneos de verán.
Por outra parte, o Campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo comezou a súa actividade hoxe no Campo de Fútbol de San Pedro. Este evento desenvolverase en horario matinal ata o vindeiro sábado, completando así unha semana de intensa actividade deportiva no Concello de Marín.











