Marín acolle na fin de semana unha proba do campionato galego de Voleibol Praia
A Praia de Loira, en Marín, prepárase xa para vivir unha das citas deportivas importantes do verán galego desta existosa modalidade de deporte na Praia.
Os días 20 e 21 de Xullo será a quenda en Loira para o Voleibol Praia, cunha proba do campionato galego que ademais será puntuable para o campionato de España e que polo tanto supón unha cita moi atractiva para as mellores parellas da comunidade e mesmo para varias de fóra.
Será, ademais, un fin de semana con opcións de practicar deporte para todas as idades e niveis, posto que ademais das categorías sénior masculina, con 30 parellas xa inscritas, e sénior feminina con 16, tamén haberá competición para varios dos mellores sub15 e sub 17 de Galicia, en masculino e feminino, e oportunidades para todos coa categoría afeccionado, que xa ten asegurada a participación de 12 parellas.
En suma, un gran fin de semana deportivo con alto nivel competitivo, un grande espectáculo deportivo e posibilidades para todos de seguir gozando co deporte e a praia no verán de Marín.











