María José González doa un escudo realizado en “apliqué” en agradecemento ao Concello de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPorto do Son
A-
A+
Escudo do Concello realizado en "apliqué"

Escudo do Concello realizado en “apliqué”

María José González, profesora que imparte clases de pachwork no Concello de Porto do Son donou onte ó Concello de Porto do Son un dos seus traballos, en agradecemento pola colaboración prestada dende esta entidade para a impartición destes cursos. Trátase do escudo do Concello elaborado artesanalmente coa técnica “apliqué”. Luis Oujo, alcalde de Porto do Son mostrou o seu agradecemento pola peza doada, que sen dúbida ocupará un lugar destacado nas instalacións municipais

12 de xullo de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.