Marcha de sendeirismo e patíns en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal
A-
A+

SENDEIRISMO

Venres, 2 de agosto ás 21.00 h

A ruta que organiza esta semana a concellería de Turismo de Boiro pasará por Avda. de Barraña – A Pedreira – Brión – San Martiño – Vista Alegre e Aducil. Trátase dun percorrido de 8 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia. A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654

BOIROPATINA

Domingo, 4 de agosto ás 11.00

A concellería de Turismo, organiza o domingo 4 de agosto unha marcha sobre rodas. En Boiropatina poderás participar en patíns, patinete ou monopatín. A marcha ten un percorrido de 5 km. aproximadamente que saíra da praza Boqueira de A Negral e continuará polo paseo marítimo de Barraña. Ao final da marcha, haberá xogos en gincanas. Apúntate xa! Podes facelo na Oficina de Turismo, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654.

31 de xullo de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.