Manuel Mirás participa na XVII edición do Certame Internacional Goisorosoarte 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOroso
A-
A+
O rexedor xunto a unha das obras

O rexedor xunto a unha das obras

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, participaron na decimosétima edición do certame internacional Goisorosoarte 2013, no que se expuxeron preto de 100 traballos realizados por artistas de diferentes nacionalidades, entre os que se atopaba unha delegación galega encabezada pola ourive galega Susi Gesto, en representación do Concello de Oroso.

Durante tres días, a Casa do Artista de Góis acolleu a numerosos artistas que participaron tanto na exposición como no distinto programa de actividades paralelo. A alcaldesa de Góis, María de Lurdes Castanheira, asegurou que “o Goisorosoarte é unha marca e, ano tras ano, as persoas desexan que chegue esta fin de semana”, subliñando tamén a “forte ligazón que existe entre Góis e Oroso, non só a través da arte e do irmanamento, senón tamén por unha relación de proximidade creada nos últimos anos”.

O alcalde orosán, Manuel Mirás, aproveitou a ocasión para convidar a todos os presentes a visitar Oroso o vindeiro 13 de setembro, data na que terá lugar a inauguración da exposición Goisorosoarte 2013 no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Unha mostra na que se poderá contemplar unha selección de obras presentes no certame de Góis canda as obras presentada polos artistas galegos.

18 de xullo de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.