publicidade hoxe

Máis de 150 postos participarán no rastrillo veciñal de Ares que se desenvolverá o vindeiro domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendarioLocal
A-
A+

O Concello de Ares organiza a que será a terceira edición do Rastrillo Veciñal, que se desenvolverá o vindeiro domingo, 14 de xullo, no paseo marítimo, na avenida Saavedra Meneses, e na zona pola que se desenvolve os martes e venres o tradicional mercadiño. En total, serán máis de 150 os postos que participarán nesta edición, sobrepasando con creces as previsións máis optimistas –de aí que se ampliara o espazo delimitado inicialmente- e que, como indican dende o Consistorio, son do máis variado. Así, haberá postos de roupa, libros, produtos da horta ou restauración, entre outros.

Como novidade, este ano haberá artistas que actuarán durante o desenvolvemento do rastrillo. A este respecto, hai que citar a “Mundo Piruleta”, unha compañía de teatro educativo que presentará o seu espectáculo “El elixir mágico”. Trátase dunha fusión de circo e maxia pensada para todos os públicos, que disfrutarán desta e outras actuacións polas rúas mentres pasean e realizan as súas compras ou trocos.

O Concello fai un chamamento a outros artistas que desexen participar nesta iniciativa, para o que pide que éstes se poñan en contacto coa Concellaría de Cultura previamente.

11 de xullo de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.