Luisa Cid achégase ao mercado de Palavea dentro da rolda de visitas que realiza ás prazas de abastos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Luisa Cid en Palavea

Luisa Cid en Palavea

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, visitou o mercado municipal de Palavea para manter un contacto directo cos praceiros, escoitando suxestións, atendendo demandas e intercambiando opinións.

A cita de Palavea enmárcase dentro dunha rolda de visitas que Cid está a realizar por todas a prazas de abastos da cidade co obxecto de coñecer de primeira man o día a día dos mercados e consensuar as diferentes accións que, dende a Concellaría de Emprego e Empresa, se poñen en marcha para mellorar a calidade destas instalacións.

Na súa visita a Palavea, Luisa Cid reiterou a aposta do Goberno local polos mercados municipais e pola súa posta en valor, non só como dinamizadores da súa área de influencia, senón como escaparate da extraordinaria calidade dos produtos galegos.

5 de xullo de 2013 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.