Lousame acolle un taller de mantemento básico do automóbil

Un instante da clase práctica
A Concellería de Igualdade do Concello de Lousame organizou un Taller práctico sobre o mantemento básico automóbil, dentro do Programa de Fomento da Igualdade subvencionado pola Deputación da Coruña, que se levou a cabo o martes 16 ás 20h, na praza do Concello.
Co obxectivo de formar ás mulleres en tarefas ou saberes, non vinculados tradicionalmente a elas, e que potencien a súa autonomía e autoestima, organizouse este taller onde as participantes traballaron dun xeito práctico os contidos principais da mecánica básica a nivel usuaria como;
– substitución de pneumáticos,
– comprobación de niveis; auga, aceite,
– revisión dos niveis de presión das rodas,
– documentación obrigatoria do vehículo,
– sistemas de seguridade infantís,
– e outras operacións sinxelas de mantemento do vehículo, etc…
A sesión estivo impartida por profesionais de autoescola, e as persoas participantes tiveron ocasión de poñer en práctica o aprendido nos seus propios vehículos.











