Longa e intensa xornada nos nacionais de Billar do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Todas as categorías de equipos chegaron á final e están á espera de disputar as súas partidas o 7 de Xullo.

Son:

– Equipos 1ª División: o Valencia Style (Comunidade Valenciana) o Matrix-MorenoPool.com (Murcia)

– Equipos 2ª División: o EuroPool 2 (Galicia) o Bola 4 (Andalucía)

– Equipos 3ª División: o Atefuer Pool Team Junior (Canarias) o Aldayo D (Aragón).

Tamén comezaron os cadros das modalidades individuais 2ª A, 2ªB e 3ª Categoría e o Open Internacional.

Ás 18.00 horas tivo lugar a presentación oficial dos Campionatos Nacionais e a entrega de Premios e Trofeos aos mellores das 4 categorías das Finais Nacionais.

Xa de madrugada, para rematar a xornada, a cita foi na Discoteca Maxims onde tivo lugar a Gala Nacional do Billar Pool; fíxose mención e entrega de galardóns aos mellores da pasada tempada así como colaboradores destacados.

O sábado volveron as partidas ás 9.00 horas para continuar coas modalidades individuais todo o día.

6 de xullo de 2013 | 15:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.