Leira, en Ordes, acollerá o XXI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais este domingo
O vindeiro domingo 21 de xullo o Campo da Festa da parroquia ordense de Leira acollerá o XXI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais. Unha cita á que cada ano asisten centenares de veciños, veciñas e visitantes.
Nesta edición o programa arranca ás 18 horas coa presentación do festival. O elenco de participantes compóñeno: A.C.D Airiños da Lanzada (Pontevedra), A.C Melos O´Grove (Pontevedra), S.C. Airiños do Carrís (Cerdido), Dorna Escola de Baile e Gaita (Dorneda – Oleiros). Todos eles interpretarán e bailarán diversas pezas en directo das que se poderán disfrutar de balde.
O XXI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais está organizado polo Grupo AA.CC Veciños de Leira e conta coa coloaboración do Concello de Ordes e da Deputación da Coruña.











