Leira converteuse no mellor escenario para o XXI Encontro de Grupos de Danza Rexional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+
Un dos grupos tradionais participantes

Un dos grupos tradionais participantes

A parroquia ordense de Leira acolleu esta fin de semana o XXI Encontro de Grupos de Danza Rexional. Na cita centos de veciños e veciñas e visitantes desfrutaron das actuacións do Grupo de Danza A.C. Veciños de Leira, da A.C.D. Airiños da Lanzada, da S.C. Airiños dos Carrís e do coro Dorna. Previo a este acto tivo lugar un gran xantar popular a base de churrasco e viño do país.

Para pechar a cita os concelleiros Luís Gómez, Ramón Vázquez e Lucía Iglesias entregaron unha placa conmemorativa a cada un dos grupos que pasaron polo escenario.

22 de xullo de 2013 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.