publicidade hoxe

Ledoño, en Culleredo, celebra catro días de festas en honor de San Pedro e a Virxe do Carmen

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

Ledoño celebra este fin de semana ao grande as súas festas en honor a San Pedro e á Virxe do Carmen. Dende hoxe e ata o luns, a parroquia cullerdense acolle un completo programa de actos con moita música, baile e gastronomía.

Os actos comezan na noite de hoxe venres, coa novena, a imposición do escapulario e a procesión de fachos. Será a partir das 22.00 horas.

Mañá sábado 20 os actos inícianse ás 13.00 horas coa misa e a procesión en honra da Virxe do Carmen. Ás 14.00 horas soará a música da orquestra Nebraska na sesión vermú. Ás 18.00 horas chegará a quenda dos máis pequenos cun conxunto de xogos infantís. De noite, 22.30 horas, Nebraska e a disco-móbil Alcalá amenizarán a verbena.

O domingo 20 os veciños espertarán coas dianas, ás 9.00 horas, dos dá Veira do Monte. A eucaristía será en honra de San Pedro ás 13.00 horas. A orquestra Juan Mallo poñerá a música ás 14.00 e ás 21.30 horas.

E por fin o luns, tras a misa ás 13.00 horas en honra de San Pedro, chegará a xornada grande. Ás 19.30 horas terá lugar o novidoso primeiro baile da tarde, a cargo da orquestra Suavecito.

Logo, ás 20.00 horas, o churrasco, o crioulo, con pan e viño, cobrarán protagonismo. Ás 22.30 horas finalizarán as festas coa gran verbena a cargo de Suavecito.

19 de xullo de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.