publicidade hoxe

Laxe abre o prazo para presentar poemas ao VII certame de poesía Antón Zapata García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, infórmalle de que o vindeiro luns 15 de xullo, abrirase o prazo para presentar os poemas aspirantes ao VII Certame da Poesía Antón Zapata García que por sétimo ano consecutivo, celebramos no noso concello co motivo de promover a figura do poeta Antón Zapata García, orixinario destas terras.

O Certame está aberto a todos os veciños e veciñas do lugar, así coma a todas ás persoas que, alleas ao Concello de Laxe, que desexen participar, podéndose inscribir nas seguintes categorías:

Infantil: ata 11 anos
Xuvenil: dos 12 aos 25 anos
Adultos: a partir dos 25 anos

A extensión e temática dos traballos que se presenten ao Certame é libre, podéndose participar cun único poema e/ou con varios, sempre que sexan inéditos. É posible así mesmo, presentar  traballos tanto en castelán como en galego.

Para garantir o anonimato, deben remitirse baixo pseudónimo ás Oficinas da Concellaría de Cultura, preferentemente por correo postal ao enderezo: Avda. Cesáreo Pondal, nº 26, 15117 Laxe. No sobre do envío, indicarase a categoría da persoa participante xunto cun pseudónimo. No interior deste, incluirase a obra, o poema ou poemas, xunto cun sobre pechado que conterá os datos persoais completos do autor/a: Nome e apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto.

O resultado do xurado darase a coñecer o sábado 24 de agosto no coñecido coma Solpor Poético e que terá lugar ás 20:30 horas na Praia dos Cristais, sempre que o tempo o permita. Do contrario, celebraríase no Patio Cuberto situado ao carón da Praza dos Voluntarios.. Neste acto faráse entrega dos premios aos gañadores e contaremos coa compañía Dúo Rosas que, conxugando música e poesía, amenizarannos a velada co seu espectáculo “Música para a nostalxia”.

Os premios, consistirán nun lote de libros e diploma acreditativo para o gañador/a de cada unha das categorías establecidas expedido polo Concelleiro de Cultura: José Manuel Mouzo Castiñeira.

O prazo de presentación de poemas permanecerá aberto ata o luns 19 de agosto do presente ano ás 11:00 horas.

11 de xullo de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.