Juan Carlos González apoia a actividade do Mercado Municipal na entrega de premios da campaña Presume de praceiro/a

Mercedes Cortegoso recibindo a distinción
O Mercado Municipal San Agustín da Coruña acolleu o acto final da campaña posta en marcha por Economía e industria Presume de praceiro/a. Na xornada fíxose entrega dos premios aos mellores praceiros e praceiras escollidos polos clientes das Prazas de Abastos galegas.
Entre eles/as, foi distinguida como mellor praceira de Gondomar, Mercedes Cortegoso, quen recibiu o seu premio de mans do Conselleiro de Economía e Industria da Xunta, Francisco Conde.
Ao acto tamén asistiu o concelleiro delegado de Mercados e Praza de Abastos, Juan Carlos González Camesella. O edil afirma que o Concello de Gondomar continúa apoiando a actividade do mercado. Proba diso é que en dous anos se levaron a cabo e continúanse realizando diversas actuacións no edificio, demandadas polos propios praceiros.
Entre estas destacan: a reparación integral da instalación de fontanaría do Mercado na que se investiron 9.000 euros dos fondos municipais e a canalización dos desaugadoiros das cámaras frigoríficas levada a cabo por empregados municipais. Ademais destas actuacións aprobouse a ordenanza reguladora do Mercado Municipal e levouse a cabo a redacción do proxecto para o cambio de portas da Praza ademais de solicitar unha subvención para iso.
O Concello de Gondomar aposta por manter as instalacións municipais nun óptimo estado de mantemento e favorecendo, así, ao funcionamento destas.











