publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

José Alén presidiu a recepción aos tres nenos de Vacacións en Paz que pasarán o verán nas Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+
Entrega de agasallos aos cativos

Entrega de agasallos aos cativos

As Pontes recibía hoxe, un verán máis, aos pequenos e pequenas procedentes de Tinduf (Arxelia) e que pasarán os dous vindeiros meses no municipio ao abeiro do programa Vacacións en Paz, organizado pola Asociación Galega de Solidaridade co Pobo Saharaui.

Tres pequenos saharauis con idades comprendidas entre os 10 e 11 anos convivirán cos ponteses e pontesas ata finais do vindeiro mes de Agosto e que hoxe eran os protagonistas dunha recepción municipal, presidida polo edil de Servizos Sociais, José Alén, que quería dar así a benvida a estes novos veciños ponteses.

Con eles as súas familias de acollida ás que o edil de Servizos Sociais agradecía, un verán máis, a súa xenerosidade e esforzo á hora de acoller a estes nenos e nenas, malia a situación económica actual. De feito, ano tras ano, ata As Pontes se desprazaban unha media de 6 nenos e nenas, gracias a este programa, cifra que se vía reducida notablemente aínda que seguindo a media xeral dos concellos galegos xa que tan só 300 pequenos vidos dende Tinduf poderán pasar estes meses de verán en terras galegas, quedando en Arxelia aínda 6000 pequenos e pequenas.

Ao longo destes dous meses alonxados do campamento de refuxiados de Tinduf, as familias que de forma altruísta se acollen a esta iniciativa solidaria ofreceranlle aos nenos e nenas actividades de ocio, e a posibilidade de relacionarse con nenos da súa misma idade. Ademais, convértese ésta, nunha oportunidde única para adquirir coñecementos do idioma español.

Vacacións en Paz segue mantendo os seus obxectivos de ofrecerlles a estes nenos e nenas un verán tranquilo, alonxados das condicións da zona desértica na que viven e que na época estival aínda se endurecen máis.

Tal e como apuntaba o edil de Servizos Sociais, un  ano máis, o concello xestionará as oportunas visitas destes nenos ao Centro de Saúde de As Pontes co fin de ser sometidos a unha exhaustiva revisión sanitaria que permita detectar e atallar calquer tipo de doenza ou problema de malnutrición. De feito, será mañá cando estes tres nenos se despracen ata  a consulta de pediatria no Centro de Saúde pontés onde se lles realizará unha primeira exploración xeral, analítica e unha vez coñecidos os resultados, e ante calquera alteración, derivaranse aos especialistas necesarios.

Asemade, coma ven sendo habitual, estes pequenos e pequenas participarán na vida social do pobo, desfrutarán das festas patronais, compartirán actividades cos nenos que a diario participan nos Campamentos Urbanos de Verán e accederán, durante o mes de xullo gratuitamente, ás instalacións da piscina municipal, servizos que xestionará tamén o concello.

Finalmente, e como tamén é máis que habitual, o Concello decidía agasallar a estes dous nenos e unha nena cunha mochila, un estoxo, unha axenda e un diccionario de castelán que, de seguro, utilizarán e moito durante estas semanas de estadía lonxe de altas temperaturas, un clima bélico constante e problemas continuos de malnutrición.

11 de xullo de 2013 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.