Izado de bandeiras azuis coruñesas na Coiraza de Orzán-Riazor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Izado das bandeiras

Izado das bandeiras

O concelleiro de Medio da Coruña, Enrique Salvador, participou este mediodía no acto de izado da Bandeira Azul, celebrado na Coiraza de Orzán-Riazor.

O municipio coruñés conta este verán con cinco bandeiras azuis (os areais de Riazor, Orzán-Matadero, As Lapas, Oza e San Amaro), o que confirma que A Coruña é un dos mellores destinos turísticos de praia a nivel español.

A Coruña logrou renovar as súas cinco bandeiras, o que acredita a calidade das augas de baño, a limpeza, e os servizos sanitarios, de seguridade e de información. Nestes cinco areais da cidade tamén ondean as bandeiras Eco Praia, un premio outorgado pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio (Ategrus).

3 de xullo de 2013 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.