IV Xuntanza de Quads, ATV e Enduro na Laracha o sábado 13 de xullo
Máis dun centenar de vehículos están inscritos para participar mañá sábado na IV xuntanza de quads, ATV e enduro que organiza o club O son do Acheiro en colaboración co Concello da Laracha.
A xornada principiará ás 10.00 horas coa concentración dos participantes na explanada de Añón (a carón da Avenida Fisterra, na saída do casco urbano da Laracha en dirección a Carballo) e en torno ás 12.00 horas realizarase un percorrido pola vila.
A entrada ao público para presenciar o desenvolvemento da xornada é gratuíta.
Sardiñada popular en Caión
Tamén mañá sábado o porto de Caión acollerá a sardiñada que a Peña Royal, coa colaboración do Concello, organiza todos os veráns.
O evento festivo comezará ás 20.30 horas, con prezos moi populares para o público asistente, que tamén poderá disfrutar da actuación musical do Dúo Jovi.











