Inauguración do Encontro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Carlos Negreira durante a presentación
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asistiu esta mañá, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), á inauguración do Encontro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) ‘José Sellier, A Coruña e as orixes do Cine en España’.
Negreira destacou que este curso permite reivindicar a figura de Sellier e a súa capacidade de anticiparse, pois foi na Coruña onde se rodou a primeira película en España. O alcalde agradeceu a implicación do CGAI e da UIMP, xa que este encontro coincide coa exposición ‘José Sellier na Coruña: os comezos do cine español’, que, tal e como recordou Negreira, estará ata o próximo 28 de xullo na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, en Durán Loriga.











