Inauguración da sede do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

Descubrimento da placa
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, participou esta mañá na inauguración da nova sede do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia -na praza de Alfonso XIII, 8 baixo-, onde reivindicou a importancia do órgano colexiado que comezou con 200 membros e hoxe xa conta con máis de 2.000. Agradeceu que os profesionais elixisen esta cidade para situar a súa sede.
Ademais, Negreira valorou a profesionalidade deste colectivo, a súa importancia no desenvolvemento dun envellecemento activo e animounos a que sigan reivindicando a súa profesión para resolver temas pendentes como o intrusismo. Tamén agradeceu a súa contribución para que a sanidade sexa un dos grandes valores da cidade.











