Inauguración da exposición “Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013” en Tui

Inauguración da exposición
Onte ás 19:30 tivo lugar a inauguración na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións (Edificio Área Panorámica de Tui) a exposición “Roberto Vidal Bolaño, letras galegas 2013”. A ela asistiron o secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo Suárez e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez.
Esta mostra busca difundir a vida e obra do dramaturgo nas principais bibliotecas das catro provincias da Comunidade. Promovida polas Secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, a exposición amosa unha panorámica da traxectoria do dramaturgo cunha proposta de dez paneis que recollen a súa extensa obra con textos e imaxes dos seus espectáculos e personaxes, así como indicacións escenográficas e de dirección. Trátase dun achegamento ao traballo de Vidal Bolaño cun forte enfoque visual, o que facilita a experiencia do visitante, neste sentido pensando ademais no público escolar.
Con esta exposición que chega a Tui grazas á colaboración da Consellería de Cultura e o Concello de Tui se contribúe a difusión da vida e traxectoria deste egrexio escritor e intelectual galego a quen foille dedicado neste ano 2013 o Día das Letras Galegas.
Esta exposición estará en Tui ata o vindeiro 18 de xullo.











