publicidade hoxe

Inauguración da Escola de Verán de Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Participantes na Escola de Verán

Participantes na Escola de Verán

O pasado luns o alcalde e a tenente de alcalde inauguraron en Dodro a ESCOLA DE VERÁN, un programa de conciliación que arracou o ano pasado e que fomenta a educación en valores como a igualdade, tolerancia e respecto, sen esquecerse da parte lúdica, e que lles vai a axudar aos nenos/as participantes á creación da súa propia identidade e no seu desenvolvemento persoal.

Pretende ser unha alternativa que, ademáis de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido, educativo e igualitario para os nenos e nenas, permita ás nais e pais conciliar

Este ano 60 nenas/os de entre 3 e 12 anos  disfrutarán desta escola de verán que ao igual que o ano pasado é gratuita. Levaráse a cabo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón do 1 de xullo ao 30 de agosto de luns a venres de 9,30h a 13,30h.

Tamén o luns inauguraronse as clases de reforzo educativo para os cursos de ESO, nos que hai inscritos preto de 25 alumnos que recibirán clases de todas as asignaturas tres días á semana de 9h a 13h nos meses de xullo e agosto. Estas clases pretenden ser unha ferramenta útil que axude aos nenos/as a recuperar as asignaturas pendentes para setembro así como reforzar o xa aprendido durante o curso. O Concello organiza estas clases gratuitamente.

3 de xullo de 2013 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.