I Xornadas Multideporte en Marín
O Concello de Marín informa de que se celebrarán unhas Xornadas Multideporte entre o 22 de xullo e o 9 de agosto. As actividades terán un custo de 10 euros por participante e desenvolveranse en horario de 10:00 h a 13:30 h. Os interesados deberán cubrir a folla de inscripción no Concello de Marín antes do 15 de Xullo.
En función dos rapaces anotados formaranse grupos semanais de entre 15 e 20 rapaces.
– 1º semana: 22 ao 26 de xullo.
– 2º semana: 29 de xullo ao 2 de agosto.
– 3º semana: 5 ao 9 de agosto.
Levaranse a cabo múltiples actividades deportivas có propósito de promover e dar a coñecer o amplo abano deportivo ofrecido polo Concello de Marín e ademáis, ofrecer ós nenos e nenas unha alternativa diferente e saudable de ocupación do seu tempo de ocio e esparcemento.
A idade dos rapaces participantes na actividade estará comprendida entre os 6 e os 12 anos. As prazas outorgaranse por rigurosa orde de inscripción.
O prazo para presentar a solicitude de inscripción comprende entre o 3 e 15 de xullo. Para coñocer o outorgamento da praza consultar as listas no Concello entre o 15 e o 19 de xullo.











