Gran final do campionato municipal de peñas da Laracha co encontro de San Román – Estramil
A gran final do Campionato Municipal de Peñas de Fútbol que cada ano organiza o Concello da Laracha durante as primeiras semanas do verán disputarase este domingo a partir das 19.00 horas no campo Municipal da Laracha.
Os conxuntos do San Román e do Estramil mediranse para determinar o campión da edición 2013 deste tradicional torneo. Os encontros das semifinais disputados a semana pasada estiveron marcados por unha gran igualdade, e mesmo unha delas se decidiu na quenda dos lanzamentos de penalti.
O partido polo terceiro posto disputarase hoxe venres desde as 20.30 horas tamén no campo Municipal da Laracha. Neste caso os protagonistas serán os equipos Suiza Paiosaco e Coiro.
FINAIS:
3º e 4º Posto: Suiza Paiosaco – Coiro. Campo Municipal da Laracha. Venres 12 de xullo ás 20.30 h.
FINAL: San Román – Estramil. Campo Municipal da Laracha. Domingo 14 de xullo ás 19.00 h.











