Gondomar pon en marcha cursos de formación on-line

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Gondomar e, a través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que, desde o concello, xa se leva traballando estes seis últimos anos.

Os cursos, cofinanciados pola Deputación, serán gratuítos e de 85 horas de formación a excepción de “Prevención de riscos laborais” que contará con 60 horas,  e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas en Gondomar. Engadir que se conta cun total de 75 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

A oferta formativa deste ano será:

­Área de informática: Office 2010 e Open Office Writer, Calc e Base

­Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus

­Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais

­Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico

­Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades

­Idiomas: Inglés intermedio

Para poder realizar algún destes cursos deberase formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, os martes, mércores ou xoves,  telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: aio@concellodegondomar.com e cim@concellodegondomar.com ata o día 20 de agosto.

22 de xullo de 2013 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.