Gondomar informa do programa Saúde e Benestar 2013 da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Concello de Gondomar informa de que, un ano máis, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Saúde e Benestar 2013. Este programa caracterízase por ofrecer unha estanza de seis días e 5 noites en balnearios ou hoteis con SPA da provincia, en réxime de pensión completa, podendo recibir atencións especializadas en tratamentos termais, de saúde, benestar, etc. O paquete tamén inclúe os traslados en autocar dende o municipio ata o lugar escollido e viceversa.

Entre os establecementos adheridos a esta iniciativa figuran Herperia Isla de La Toja- O Grove, Talaso Atlántico-Oia, Gran Talaso-Sanxenxo, Spa Oca Galatea-Sanxenxo, Carlos I Spa Silgar-Sanxenxo, Talaso Spa-Moaña, Norat -O Grove e Torre do Deza-Lalín. Os prezos oscilan entre 155 € e 210 € por persoa, dependendo das instalacións escollidas.

Os veciños e veciñas que se poderán beneficiar deste programa deberán ser persoas nacidas antes de 1963, pensionistas, ou que necesiten un respiro familiar, valorado mediante un informe do/da Traballadora Social do Concello.

É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía para participar nel.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 1 de agosto e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación. Para máis información dirixirse ao Departamento de Benestar Social, sito planta baixa da Casa da Cultura de Gondomar.

24 de xullo de 2013 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.