Gondomar encherase de baile e música na fin de semana
A Concellaría de Cultura, que dirixe Ignacio Troncoso, dentro da súa programación para o verán, organiza para este fin de semana tres citas nas que a danza e a música serán os protagonistas.
O sábado 6 de xullo, o Parque das Ánimas acollerá, dende as 18.30 horas, o Festival de Danza da Escola de Gondomar.
O domingo, 7 de xullo, será a música a que amenice os veciños e veciñas do municipio. Ás 11.15 horas, a parroquia de Peitieiros será o escenario do concerto que ofrecerá a Big Band de Vincios. Para finalizar o fin de semana, ás 12.30, continúa o ciclo de Concertos na Praza Paradela cos Grupos de Baile e Gaitas A Merced de Chaín, xunto coa Asociación Cultural Maura-Xeva de Avilés (Asturias).











