Gondomar albergará un posto de información do programa Xplora Xuventude para xóvenes do concello
Gondomar será o primeiro dos corenta concellos onde se instalará a carpa informativa do programa XPLORA XUVENTUDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Será o próximo xoves, día 11, na Praza da Alameda de 12.00 a 20.00 horas.
Persoal da Xunta de Galicia estará a disposición da mocidade deste Concello para atender as súas demandas e proporcionar asesoramento sobre os recursos e os programas que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten en marcha para todos os mozos e mozas de Galicia nos diferentes ámbitos: programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade,.., entre outros.
O Programa XPLORA XUVENTUDE, estará operativo durante os meses de xullo, agosto e setembro por distintos concellos galegos e ten como obxectivo potenciar o coñecemento e a participación da mocidade galega nas accións que se desenvolven por e para ela dende a Dirección Xeral.











