Galician Session!, Jazz Session! e Dj Sessión! no festival IKFEM de Tui-Valença
Mañá Domingo 21 de Xullo IKFEM “International Keyboard Festival & Masterclass Eurocity Tui – Valença” ofrecerá tres sets de concertos: a GALICIAN SESSION! (PIANO & GAITA), JAZZSESSION! (PIANOJAZZ) e a DJ SESSION! (PIANO ELECTRÓNICO).
O primeiro deles terá lugar ás 12.00 no palco da música de Tui estando a cargo de Jose Ramón Rodríguez (piano) e Miguel González (gaita).
A JAZZSESSION realizarase no Teatro Municipal de Tui ás 22.00 e estará a cargo do coñecido compositor galego Abe Rábade, Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music de Boston en 1999. Interpretaranse obras de Bernice Petkere, Jule Styne, John Coltrane, l. Emilio Batallán e propias.
As entradas poderán adquirirse por un valor de 3 Euros a través da páxina web www.culturatui.info ou ata hora e media antes en despacho.
Como peche, a DJ SESSION! de piano electrónico a cargo de Dll. Outro terá lugar ás 00.00 no Monumental” (Praza de S. Fernando de Tui)











