Francisco Noya visita a escola unitaria de Verdía para concretar as obras do novo local sociocultural

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O concelleiro de centros socioculturais, Francisco Noya, e o presidente da Asociación de Veciños de Verdía, Antonio Otero, reuníronse na antiga escola unitaria da parroquia para consensuar as obras que se farán na mesma acondicionando unha parte para local sociocultural. As obras, que comezarán en breve e que estarán rematadas antes do mes de outubro, contemplan a colocación de portas, o arranxo integral de dous baños, das instalacións eléctricas e do pintado e colocación de tarima flotante con manta térmica nunha das aulas. Así mesmo, Parques e Xardíns cortará a herba que rodea á unitaria.

Debido ao peche do centro sociocultural de Verdía, que estaba situado na antiga estación de ferrocarril, a asociación de veciños desta parroquia desenvolvía as súas actividades no local veciño da parroquia de Nemenzo.

5 de xullo de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.