Flores reúnese con veciños e comerciantes do Castrillón para anunciar o despregamento de patrullas a pé

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Flores con representantes do Castrillón

Flores con representantes do Castrillón

O Tenente de Alcalde de Seguridade, Julio Flores, acompañado polo Xefe da Policía Local, reuniuse na sede da Asociación de Veciños O Cruceiro-Urbanización Soto do Castrillón coa nova directiva e cos representantes da Asociación de Comerciantes, atendendo así ao convite recibido por parte dos veciños. No encontro informounos do comezo das patrullas a pé no Castrillón a partir do mes de outubro. Comprometémonos a ampliar as patrullas a pé da Policía local a cinco novos barrios este ano e co Castrillón cumprimos a nosa promesa, tras anunciar en semanas pasadas o despregamento no Ventorrillo, Labañou, O Birloque e Elviña, polo que en 2013 se cubrirán 21 barrios con patrullas a pé como programamos seguindo as indicacións dos mandos da Policía Local”, afirmou.

Flores sinalou que se o despregamento inicial no barrio abranguerá o perímetro comprendido entre avenida dos Caídos, rúas Oleoducto, Curtis, José María Henánsaez e Alicante e a praza dos Caídos. “O deseño do perímetro realizouse en función de onde se require habitualmente maior número de servizos policiais, pero non se trata duns límites estritos xa que se as circunstancias o requiren as patrullas a pé actuarán onde sexa necesario no barrio para reforzar o despregamento de radiopatrullas 092 ou patrullas a en moto”.

O Tenente de Alcalde de Seguridade explicou que as patrullas a pé controlarán o estacionamento especialmente na avida dos Caídos, Casanova de Eirís, rúa Montiño e rúa Vicente Alexandre, facendo fincapé nas paradas de autobús, ” e polas tardes faranse patrullas preventivas na praza de Pablo Iglesias e arredores, parques de Oza e Eirís, entre outras zonas,”.

Na reunión, Flores informou do balance da actividade do primeiro ano de traballo da Policía de Barrio, que permitiu incrementar a presenza da Policía Local nos barrios. “A media diaria de policías locais que prestan servizo nos barrios pasou de 50 en 2011 a 83 policías no primeiro trimestre de 2013. Tamén o programa de policía comunitaria nos permitiu que os mandos da policía local mantivesen 39 reunións con representantes veciñais e 35 reunións con centros escolares, para coñecer de primeira man a situación relacionada coa seguridade cidadá e coa seguridade vial”, explicou.

23 de xullo de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.