Finalizan os traballos que afectaban ao tráfico na rolda Camilo José Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa da finalización da afección ao tráfico que se producía con motivo dos traballos de canalización da rede de Unión Fenosa no ramal de suba da rolda Camilo José Cela á avenida de Monelos. A canalización afectaba á calzada polo que se cortara o tráfico do devandito tramo da rolda Camilo José Cela.

O tráfico de vehículos, incluída a liña 1 A de bus urbano, que estaba desviada dende a glorieta de Matogrande pola avenida Salvador de Madariaga e rolda Camilo José Cela, recupera o seu percorrido habitual.

2 de xullo de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.