Festa rachada en Lorbé e O Carballo para celebrar o Carme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

Lorbé e O Carballo acollen esta fin de semana as súas festas locais. Os primeiros conmemora as Festas do Carme. Os festexos serán desde mañá ata o próximo día 4. Mañá xoves día 1 de agosto celebrarase unha gran churrascada a partir das 19.00 horas, e despois, a partir das 22.30 chegará a esperada actuación da orquestra Panorama. O venres día 2 haberá unha gran sardiñada ás 19.00 horas coa gran actuación da orquestra París de Noia a partir das 22.30 horas.

O sábado día 3 de agosto, ás 18.00 horas celebrarase a procesión marítima que culminará con polbo a feira e coa posterior actuación da orquestra Olympus. Por último, o domingo día 4 de agosto a partir das 18.00 horas comezará a esperada XXIII Festa do Mexillón. Antes, ás 13.30 horas terá lugar a tradicional sesión vermú. Logo as 22.00 horas a orquestra Alarma porá o peche de ouro á edición 2013.

Pola súa parte no Carballo haberá música e comida toda a fin de semana. O prazo forte será a actuación da mítica orquestra Os Satélites o venres e banda Superfama o sábado tras a sesión vermú e a churrascada que comezará ás 19.30 horas. Xa o domingo celebrarase unha sesión vermú na que actuará a orquestra Odeón, que pechará as festas pola noite.

31 de xullo de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.