Festa da Bicicleta en Ponteceso e Ruta Cicloturística en Corme
O Concello de Ponteceso organiza o XXI Día da Bicicleta en Ponteceso o domingo 28 de xullo con saída ás 11.00 h. dende o Campo da Feira.
Así mesmo, o domingo 4 de agosto, a xornada deportiva centrarase na X Ruta Cicloturística con saída ás 11.00 h. do Peirao.
Para participar en calquera dos dous eventos deportivos, as inscricións poderán formalizarse no mesmo día da actividade a partires das 10.00 h. da mañá. Contarase con agasallos para os inscritos e dende a organización recordan a obligatoriedade de portar casco. Para maior información sobre a actividade lúdico-deportiva será preciso chamar ao Concello de Ponteceso ou á Oficina Municipal de Corme.











