Ferrol embelece os parques e zonas verdes da cidade coa plantación de ao redor de 20.000 unidades de plantas de estación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre os traballos de mellora de parques e xardíns en varios barrios da trama urbana da cidade. Unhas tarefas que está a executar a empresa concesionaria do servizo municipal de Parques e Xardíns e que inclúen a plantación de ao redor de 20.000 unidades de plantas de estación. Os espazos axardinados nos que se está actuando están localizadas na zona do Centro, Esteiro, Ensanche A. Ultramar e o barrio de Canido.

Nesta nova plantación son utilizadas especies que permanecen en flor durante a primavera e o verán. As clases seleccionadas para este verán son as seguintes: Impatiens “Nova Guinea”, Impatiens vallerianica, Sunpatiens e Salvia farinacea, situadas na praza de Armas ou na Avenida de Esteiro; Begonia semperflorens, nas prazas de Galicia, de Amboaxe ou de Ricardo Segura; Tagete erecta, na praza de Galicia; Pelargonium spp e Bacopa, na rúa Galiano; e Surfinia spp e Calibrachoa spp, situadas nas macetas da praza da Constitución.

De maneira máis concreta, realizaranse plantacións en

– Zona Centro: praza de Armas, praza de Amboaxe, praza de Galicia, rúa Dolores, rúa Galiano, praza de España, na zona do Teatro Jofre, Cantóns de Molíns e no mercado de A Magdalena.

– Barrio de Esteiro: en zonas como a avenida de Esteiro ou a praza do Himno Galego.

– Barrios Ensanche A e Ultramar.

– Barrio de Canido

A planificación das especies e variedades que se están a plantar por parte do servizo municipal de Parques e Xardíns baséase fundamentalmente na cor, escolléndose tonos que harmonicen ou que ofrezan contrastes atractivos. Tamén se ten en conta o desenvolvemento posterior de cara a misturar cores, formas e tamaños e coidados das distintas especies. O Concello de Ferrol realiza dous cambios anuais de flor, o que se denomina plantación de primavera e plantación de outono, pero en todo caso acométese o cambio de plantas coa frecuencia necesaria para manager o grupo en flor ao longo de todo o ano.

1 de xullo de 2013 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.