Ferrol asina un convenio de colaboración con entidades sociais para a cesión de locais en Recimil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Esclerose Lateral (AGAELA), Asociación Galega de Autocaravanas, a entidade Lazos Pro-Solidariedade, Érguete e a Asociación Dios y Pan. Este acordo de cooperación permitirá que estas entidades poidan dispoñer dun local municipal no barrio de Recimil de maneira totalmente gratuíta, so cubrindo o mantemento do inmoble e os gastos de luz e auga. No acto de firma estiveron presentes os representantes das entidades anteriormente citadas e o concelleiro de Economía, Alejandro Langtry Caínzos.

O primeiro edil da cidade sinalou que coa sinatura deste convenio consíguense dous obxectivos “que estas asociacións teñan locais propios e que o Concello de Ferrol non teña que recorrer a gastos en aluguer para suplir estas necesidades”. Por outra banda, o edil de Economía explicou que as asociacións poderán exercer a súa labor social nun local adecuado e que isto, non supoña ningún custe a maires para as arcas municipais. Así mesmo, estas cesións permitirán axudar á mellora do barrio de Recimil ocupando locais que a día de hoxe se atopan en desuso e facendo que os beneficiarios destas entidades sociais conten cunha mellor atención. Os locais, que serán cedidos en función das necesidades de acondicionamento do inmoble, poderán ser ocupados de maneira inmediata se a adecuación do espazo fose unha obra menor. Destas actuacións de acondicionamento ocuparase o Concello de Ferrol.

18 de xullo de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.