Ferrol acollerá unha concentración de coches históricos o sábado 27

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A primeira edición da Concentración de Coches Históricos Cidade de Ferrol chegará este sábado, día 27 de xullo, á cidade naval. A xornada automobilística, que contará con máis de 200 persoas participantes, comezará cunha exposición no Centro Comercial Aberto Ferrol a Magdalena pola mañá e contará con máis actividades en horario de tarde.

No que atinxe á organización do evento, correrá a cargo da Plataforma Vive Ferrol e a Sección de Coches Clásicos da Escudería de Ferrol e tamén contarán coa colaboración do Concello de Ferrol, a Asociación de Empresarios de Hostalería Ferrol e Comarca, AJE, E.C.H.O Catabois, e a Asociación de Comerciantes Novo Ferrol. Os asistentes a esta cita poderán coñecer algunhas das marabillas automobilísticas dos últimos 100 anos.

24 de xullo de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.