Fene paga con fondos propios aos provedores pendentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

O goberno municipal de Fene propuxo nun pleno extraordinario de hoxe o pagamento a todos os provedores pendentes a 31 de maio de 2013 evitando o ter que acudir a ningún tipo de préstamo.

A proposta foi aprobada con votos a favor do Partido Popular e a abstención do PSOE, BNG e de IU.

De non ter prosperado esta iniciativa do goberno municipal o Real Decreto Lei 8/2013 de 28 de junio(BOE 29/06/2013) obrigaría ao Goberno municipal a solicitar un préstamo pois o Ministerio de Facenda obrigaba antes do 19 de xullo a facer fronte aos pagamentos pendentes con data tope do 31 de maio deste ano.

Este pagamento con fondos propios do Concello de Fene supón 206.444,08 euros que era toda a débeda con provedores pendente a 31 de maio do 2013 e da que máis da metade é débeda coa empresa de subministración eléctrica por débedas de anos anteriores e cuxas facturas a empresa non as presentara debidamente no seu momento.

15 de xullo de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.