Feira dos Emigrantes en Touro
O Concello de Touro acollerá o próximo luns 5 de agosto a Feira dos Emigrantes. O evento dará comezo a partires das 12.00 h. e contará coa actuación do Grupo de Gaitas “A Esmorga” de Beseño e a Charanga “O Recobio” de Teo.
Sairán autobuses dende todas as parroquias do concello a partires das 10.00 h. da mañá, estimando o regreso en torno ás 16.00 h. da tarde.