Exposición e obradoiros do Centro Juan María

Posto do Centro Juan María na Praza da Constitución
Un ano máis, o Centro Juan María exporá en horario de mañá e ao longo desta semana algúns dos produtos elaborados polos seus usuarios na Praza da Constitución, fronte ao concello. Como novidade, ademais dos postos de exposición o centro realiza obradoiros de elaboración de produtos con materiais reciclados, como portavelas, moedeiros, bolsas, etc.
Esta iniciativa ten o dobre obxectivo de dar a coñecer a actividade do Centro Juan María así como alcanzar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual. “Quenes se acheguen á praza do concello poderán ver como traballan os usuarios do centro e aprender con eles as súas capacidades e aptitudes”, sinalou o rexedor municipal.











