Exposición de manualidades en Nigrán
O Salón de Actos municipal albergará ao longo desta semana unha exposición de manualidades asinadas polos alumnos e alumnas do curso de manualidades municipal, celebrado no curso 2012/2013. A mostra, que abrirá até o vindeiro domingo 7 de xullo en horario de 19.00 a 20.30 horas, reunirá máis de 100 manualidades realizadas polos asistentes a este curso.











