Exitosa participación dos padeeiros do Kaiak Tudense no Campionato de Europa de Piragüismo en Pista – Poznan 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalTui
A-
A+
Recepción municipal aos padeeiros

Recepción municipal aos padeeiros

Os  padeeiros do Club Kaiak Tudense que participaron no Campionato de Europa que se celebrou a finais de xuño en Poznan, en Polonia.

No mesmo  Óscar Carrera Amandi logrou a medalla de bronce no k2 500 metros xuto a Rodrigo Germade, e tamén a medalla de prata xunto ao Rubén Millán Rodríguez, tamén padeeiro do Kaiak, no k4 1000. Joan Ardit Vélez foi sexto no k2 200 metros e Andrea Porteiro, 53 deportista internacional do Kaiak, foi 9º no k4 500 metros.

Na recepción de hoxe estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, así como os concelleiros Jose Ángel Villaverde, María Fernández de ALT, e Enrique Cabaleiro do PSOE, xunto a familiares e compañeiros de club.

Nicolás Lorenzo agradeceu a este deportistas que leven o nome de Tui por competicións tanto nacionais coma internacionais, felicitándoos polo logros conseguidos.

O alcalde, Moisés Rodríguez, fixo referencia a que cada proba é maís dura e máis difícil, ao tempo que felicitou aos padeeiros polo seu éxitos. Tamén lembrou a aposta que dende o Concello se fai polo deporte, aludindo ao premio que neste eido concedeu o ano pasado Galicia Saudable.

Por última Óscar Carrera, medalla de prata e bronce neste europeo, explicou que está moi orgullo do conseguido, engadindo que espera lograr novos éxitos.

8 de xullo de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.