Exitosa convocatoria de Revilla na presentación do seu libro “Nadie es más que nadie” en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+
Miguel Ángel Revilla á entrada no museo

Miguel Ángel Revilla á entrada no museo

Miguel Ángel Revilla gañou ao público lalinense que se entregou a súa charla que tivo lugar no Museo Municipal, un escenario que se quedou pequeno, e que se prolongou ata preto das once da noite, coa sinatura de exemplares e con entrevista de para la Cuatro de por medio. Vendeu máis dun cento de exemplares da súa obra

Durante a súa charla o que foi presidente de Cantabria e actual deputado do Partido Rexionalista de Cantabria falou das súas vivencias, algunhas delas relatadas no seu libro, e tamén sobre a actualidade informativa. Ás nove interrompeu o seu encontro para atender a entrevista da canle televisiva Cuatro para o programa “Las mañanas de la Cuatro” na que falou de Lalín como epicentro de Galicia -a emisión tivo lugar hoxe-.

De seguido proseguiu a súa exposición na que cautivou aos/ás lalinenses que se achegaron a velo e que abarrotaron o Museo Municipal -incluso nas escaleiras había xente- para rematar coa sinatura de exemplares, máis dun cento. Ao remate marchou en taxi, tal como veu, que foi o único coste que lle sufragou o Concello.

José Crespo, alcalde de Lalín, cualificou de “éxito” a presentación e deu a noraboa á Biblioteca Municipal pola acollida que tivo o encontro con Revilla.

Na súa estancia en Lalín Revilla tivo tempo para visitar o punto Km0, facerse unha foto na escultura do porco (“chon”) que subiu ao seu twitter e de incluso tomarse a súa “primeira” cervexa negra” en Lalín.

11 de xullo de 2013 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.