Exhibición de motos Kawasaki Vulcan no Carballiño
A asociación cultural Agarimos do Arenteiro, xunto con Vulcan Riders Association Spain, realizarán unha exhibición de motos Kawasaki Vulcan, este fin de semana na vila do Arenteiro.
Esta exhibición constará dunha ruta polas rúas da vila, saíndo ás 19:30 horas dende a estación de tren para finalizar na pista Vermella onde se estacionarán todas as motos e os visitantes poderán gozar delas.
A organización calcula que serán entre 40 e 60 as motos que asistan a esta concentración, procedentes de toda Galicia e distintos puntos do territorio nacional.











