Estrela de Marín asina un convenio con “R” para promover o servizo “feirón”

Sinatura do convenio
A presidenta do CCA Estrela de Marín, Dª Isabel Torres Pazos, ven de asinar co Responsable de Equipamento a Clientes de “R”, D. David Veloso, un convenio mediante o cal se promoverá o servizo “Feirón” que ofrece o operador galego de telecomunicacións.
A finalidade de Feirón, é a de facilitarlle aos comercios e establecementos de servizos asociados a Estrela de Marín, unha ferramenta tecnolóxica que lles permitirá crear o seu propio programa relacional cos clientes que visitan os seus establecementos.
Así mesmo, Estrela de Marín, disporá dun usuario en Feirón coa capacidade de realizar promocións transversais que se aplicarán sobre aqueles establecementos pertencentes á asociación, que dispoñan de Feirón.
Por outra banda, “R” comprométese a realizar unha acción de dinamización entre os clientes dos establecementos participantes, que consistirá no reparto de folletos informativos coa finalidade de difundir os beneficios do programa e animar aos consumidores a visitar aos establecementos participantes, aportando ademáis algún agasallo para efectuar un sorteo.
Con este convenio, pretendemos aportarlle un valor engadido aos establecementos asociados, que lles permita diferenciarse da súa competencia e a súa vez premiar a fidelidade do seus clientes.











