Esgotadas nunha tarde as entradas da promoción a 17 euros do concerto de Primal Scream

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O 2 de xullo, despois da presentación do concerto do grupo PRIMAL SCREAM do peche das festas do Apóstolo o 31 de xullo, vendéronse 270 entradas ao longo da tarde polos canais da internet.

As primeiras 200 entradas vendíanse de xeito promocional a 17 euros e quedaron esgotadas nunha tarde. A partir desta cifra o prezo en anticipada é de 20 euros e o mesmo día do concerto, na billeteira, a entrada custará 24 euros.

As entradas pódense mercar en NovagaliciaBanco.es e Ticketea.com así como no Teatro Principal en horario de 17.30 a 20.30 de martes a sábado.

4 de xullo de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.