Entrega dos 2 pases de InterRail da campaña Móvete´13

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Entrega dos pases de InterRail

Entrega dos pases de InterRail

Francisco Mourelo acudiu á entrega de 2 pases de InterRail a Daniel Torres Fernández, un coruñés de 17 anos que resultaron gañador do sorteo enmarcado na campaña Móvete’13, organizada polo CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil).

Grazas á colaboración de Renfe Viajeros, o CMIX realizou un sorteo de 2 pases InterRail entre todas aquelas persoas con idades comprendidas entre os 15 e 35 anos, que utilizaron o Servizo de Información de Turismo Xuvenil, durante o período comprendido entre o 20 de maio e o 25 de xuño. A campaña Móvete´13, ofrece toda unha serie de recursos e eventos destinados a mozos de entre 12 e 35 anos, co fin de potenciar o turismo e a mobilidade xuvenil.

23 de xullo de 2013 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.