Entrega de cinceiros e bolsas para recollida de excrementos caninos dentro do Plan RUA da Coruña

Entrega de cinceiros
O Concello da Coruña solicita a colaboración cidadá para o coidado e limpeza das rúas. Por este motivo, a concelleira de Barrio, Mariel Padín, presentou a nova iniciativa do Plan RUA, dirixida especialmente a fumadores e donos de mascotas.
O equipo de promotores ambientais do Plan RUA comezou a repartición de 5.000 cinceiros e 2.000 dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos caninos. Os 5.000 cinceiros distribuiranse durante o verán nas praias da Coruña, mentres que os 2.000 dispensadores se entregarán nos barrios onde actúe o Plan RUA en cada momento -durante esta semana, estará no barrio de Catro Camiños-. Con cada cinceiro ou dispensador entregarase un folleto do Plan RUA.











