En marcha as obras de abastecemento de auga nas parroquias de Lendo, Coiro e Golmar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Traballos de abastecemento

Traballos de abastecemento

A execución do proxecto a través do que se dotará coa rede de abastecemento de auga aos núcleos de Campo da Porta e Lista (parroquia de Lendo): A Fontesexa e A Pedra (Golmar); e a Ferraría (Coiro) xa está en marcha.

Os primeiros traballos comezaron a executarse en no Campo da Porta, en Lendo, e a continuación acometeranse as actuacións correspondentes nas outras dúas parroquias. En total serán instaladas tubaxes nunha distancia lineal superior os tres mil metros, o que permitirá levar o servizo de auga potable ás vivendas situadas nestas núcleos de poboación nas que residen, segundo datos do padrón municipal de habitantes, uns 250 veciños.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, mantivo unha xuntanza cos operarios no propio lugar das obras para coñecer persoalmente o desenvolvemento das primeiras labores.

Este proxecto deseñado polo Concello da Laracha está valorado en máis de 54.000 euros e será financiado integramente con cargo ao Plan DTC-94 da Deputación Provincial da Coruña.

2 de xullo de 2013 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.